Saltear al contenido principal

A rúa Xosé Malvar mellora a accesibilidade peonil
Xose-malvar-oresa

Esta semana comezaron as obras para mellorar a accesibilidade e facilitar a circulación peonil nun tramo da rúa Xosé Malvar, segundo informa a concellería de Obras Urbanas, que xestiona Demetrio Gómez.

Estes traballos realízanse sen cortes de tráfico rodado e céntranse en dar continuidade ás beirarrúas por ambas as marxes nun pequeno tramo deste vial que conta con numeroso tráfico rodado e con, cada vez, máis peóns. 

Ao longo de 10 metros en cada lado, entre a intersección coa Rúa da Seca e a rotonda coa Rúa da Santiña, execútase esta adaptación das beirarrúas atendendo á solicitude da Asociación  Amizade e da veciñanza da zona.

Ata o de agora producíanse problemas de accesibilidade debido a que as beirarrúas non contaban con continuidade e resultaba complicado o paso de cadeiras de rodas e de carriños de bebé, entre outros elementos.

Volver arriba